Hoxe acontecéronme unha serie de cousas insólitas. Eu soio ser bastante meticuloso nos meus actos, pero resulta, que neste día, varios descoidos seguidos mellaron a miña autoestima. Parecerá que estou contando un chiste.
Resulta que fun ao caixeiro do Banco  Santander Central Hispano que hai na praza Roxa, e de vinte euros que escollín  retirar só trouxen os recibos maila tarxeta, decateime cando xa estaba a  trescentos metros. Inmediatamente despóis fun ao Froiz, e ó chegar ao piso,  deime conta de que me faltaba unha bolsa da compra , quedárame na tenda.  Seguidamente, cando me dispuxen a sacar as chaves que teño colgadas na carteira  vella, caéronme os cartos no ascensor; tiven sorte de que estivera a porta  automática pechada.
A verdade é que non sei moi ben que me está pasando. Bueh... polo menos cumprín coa miña parte da cadea de favores: espero que o/a que atopara os vinte euros, os necesitase bastante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario