Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2008

A linguaxe.

A linguaxe fainos diferentes ás outras especies de animais porque nomeando as cousas liberámonos da súa dependencia material. “O nome é unha representación simbólica da cousa nomeada. A palabra dálle ó home unha representación simbólica da realidade”. Ademais, a linguaxe libéranos da dependencia temporal co presente (“o animal vive preso na presencia inmediata —sensorial— da realidade [...], o home transformándoa na sustancia humá da palabra, libérase desa presencia escravizante”); e libéranos tamén da “dependencia instintiva da especie” pois pola palabra o “home pasou do nivel das sensacións ó nivel das ideas”; e finalmente liberta ó “home da dependencia psicolóxica coa colectividade” porque a palabra impide a absorción e a anulación da personalidade individual de cada un pois a “través da palabra descubrimos a realidade persoal, a persoalidade dos demais e por contraste a nosa”. En definitiva as outras especies animais viven nun medio, nós, gracias á palabra, vivimos nun mundo. Ramón

Teoría de Gaia.

Charla de James Lovelock y Eduard Punset sobre la naturaleza: Gaia.