Empezarei dicindo que a vida na cidade faime tolear. Sóeme doer a cabeza cando me levanto, despóis de soñar có barullo dos automóbiles e toda a parafernalia autopropulsada con modelos automáticos inseridos neles.
Teño a cabeceira da cama contra a ventá do cuarto, polas noites escoito murmurar aos semáforos das avenidas que se cruzan a escasos metros; tamén os viandantes nocturnos deixan constancia da súa existencia nos arredores do meu edificio... Polo día o inferno inconstante da vida social gregaria da cidade acrecenta en min síntomaxes enraizadas no estrés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario