...
PIMPINELA: Aínda son nova para casar.
       
        O VELLO: I eu son vello de máis; pero estou namorado e teño azos para facerche feliz, a ti e mais a teus pais.
       
        PIMPINELA: ¿E se son desgraciada?
       
O VELLO: Se tes a ialma limpa e o corazón ceibe, non probarás desventuras na miña casa. Eso non. Alí serás servida e folgada, en todo canto apetezas. E dispois... Cando eu morra, inda che quedarán anos dabondo para disfroitares do que eu che deixe, que non é un conto. ¡Son tan vello e tan rico!
       
        PIMPINELA: ¿E o que digan de min as xentes?
       
O VELLO: Envexas, miña rula. Envexas de verche gardada do sol e do sieiro e da choiva. Envexas de verche libre de traballos.
       
        PIMPINELA: Miña nai tamén quer...
       
        O VELLO: E pois logo, ¿qués se-la miña dona?
       
        Pimpinela di que si coa cabeza. Toda ela coberta de coores.
       
        Cai o pano para muda-lo cadro..
Escea III, Terceiro Lance. "Os vellos non deben namorarse"  Alfonso R. Castelao
Pandora
PANDORA A mi madre, Pilar. Prólogo: Se trata de una historia corta sobre IA, AGI y ASI. Recopila diferentes e hipotéticas situaciones come...
- 
ECCE HOMO - Friedrich Nietzsche Fragmentos ¿Por qué soy tan sabio? III Considero un gran privilegio el haber tenido el padre que tuve...
 - 
De la guerra futura. Lo peor no son los Caza de 6th gen chinos, ni las armas electromagnéticas rusas, ni las hipersónicas; lo peor del futu...
 - 
Picasso y las mujeres. Viendo el documental de Redes número 353 'La Ciencia del Amor', me interesé por este ensayo de Paula Izq. sá...