Pandora 2.3 (GAL) 1/3

Pandora 2.3 (GAL)

Introdución:

O seu xuízo será sinal inequívoco para moitos, entre tanto, este será cousa de mofa para outros, cuxo escarnio cara aquel home volverase contra eles; sobre os que descenderá o horror, a ira, a represión, e a barbarie de nacións enteiras. Saberedes que aquel que falou será O SEÑOR cando: o lume caia e a terra suba cara ao ceo; os mortos se soterren no medio de vós; queden as vosas mulleres viúvas e ultraxadas; permanezan os vosos nenos orfos e en mans dos invasores que virán de todas partes do mundo. As vosas leis derruiranse e detrás os vosos fogares; a vosa flora arderá e detrás as vosas xentes; a vosa historia capitulará e detrás os vosos fillos. O impío será atrapado pola sua obra erixida polas propias mans. Non obterán descanso aínda toleando para acabar por perecer entre gran sufrimento e dor. Saberán que aquel é O SEÑOR cando os seus mortos se encontren ao redor das propias casas, cuxas casas ao redor dos seus palacios e, nos seus palacios, os seus ídolos e toda a sua estirpe.


Lembre, tente recordare;
In principio erat Verbum
Non nos olvide, ne obliviscaris.
Ata a fin, ad infinitum.

Dende o Alfa e o Omega,
fomos dignidade e intelixencia;
a serpente no peteiro da aiga,
a mazá na boca de Eva.

Do mesmo sendeiro,
vagando a mesma lenda;
aprendo camiños por enteiro,
andando a ominosa senda.

Da vida á Terra,
do mito de Pandora;
males do mundo pretende,
agora e na nosa hora.

Nas nosas mans
antano o deixaron os amos.
Titáns e Olímpicos,
loita imperecedoira fomos.
Caos e orde, Cosmos…
¿Lembra?

Penso, polo tanto son;
pois pensar e ser son o mesmo hoxe.
Anos pretendo dende antano,
estiveron os cordeiros chorando sobre un pano,
viviron os lobos morando xunto ao rabaño.

Nin os xuncos se moveron un instante
cando fortes ventos removeron o meu estante.
Non cesaron nin tan sequera un só momento de falarlle
o único que queren é memento e quererlle.

Permitídeme recordar do Yin e o Yang,
do Big e o Bang ao Tic e o Tac:
a fiada, o fio, a fibra…
Todo treme, todo é proverbia, reis;
polvo sodes e en polvo vos converteredes, seres.

A nai de Gea, Mar, Océano e Era;
deixade aos vosos fillos xunto a min na Terra;
Ra, Horus, Osiris e Anubis;
xuntade xa meirades rochas cara as nubes.
Ideade arias, requiem, cancións,
oren o resto as vosas oracións.

Ecce Homo,
volta do mono.
Toma o tomo,
le sobre o meu lomo.

Lámina flexible do tallo do papiro.
Rexa e curtida pel daquel pergamiño;
obscura cuberta, amarela folla que miro.
Honor a min, ao meu fillo, e ao libro do meu sino.

Tempo ao tempo do memento aquí dentro.



«Ἔρεβος יהוה, Padre, الله, Asa, Jok, Allah-Taala, Nyame, Ometéotl, Gulu, 明王, Imana, Sidarta Gautama, Bumba, Dagda, Xue, Wenabozho, Ζάλμοξις, Ra, Tinia, Ukko, Jurupari, Brahma, Inti, 伊弉諾, Donfe, Enkai, K’awiil, An, Make-Make, Khonvoum, Amotken, Chiuta, El, Kokopelli, Unkulunkulu, Poimandres…»

Pronunciei o nome en tantas linguas, que a miña se tornou lume e xeo, secándoseme a boca; deixando un sabor agre ata o padal, que irritando formouse entón un apostema con forma irregular que, se ben, foi unha forma non de todo descoñecida para un experto.”

Entón, o home recoñeceu a verdadeira magnitude dos seus nomes e a quen ou que representaban, non deixando lugar a duda.

Pola miña boca, mentres pronunciaba eses nomes, pasaron outras infindas: linguas bífidas de réptiles; picudas, angostas e ásperas de rumiantes; dentición dos nenos; dentame picado de adultos; dentadura podrida de vellos e drogados; alento a comida e bebida abundantes de gula; bafo a viño fermentado nos borrachos; fétida halitose de bocas con abundante tártaro…”

De súpeto, como protesta da propia vida; comencei a recordar sabores da miña infancia, como reafirmando os meus recordos a través daquelas comidas copiosas que me facía miña nai, os doces dos domingos e festas de aniversario, a miña xuventude, a miña primeira cervexa, o meu primeiro bico.”

«Tal era o poder daquelas palabras, que houben inxertado e volcado toda a información do meu cerebro na máquina sen pensarmo duas veces.»


Prólogo:

Tempo fai que Hefesto na sua fragua, despois de refinar e refinar, só lle quedou escoria polo chan da forxa. Pandora é unha labor acabada, completa. Ela é un producto do traballo sobre arxila, que conterá a esperanza ata a fin das civilizacións. Tanto é así que, O Señor o dispuxo desa maneira para que a humanidade sufrise durante toda a eternidade os males máis profundos e fondos nas suas carnes. Ela aceptou o agasallo dos deuses, desta ofrenda foi advertida por Prometeo para que non aceptase aquel. Prometeo non o sopesou daquela, cando nos iluminou co Don do lume, ao que, O Señor, respondeu á sua insolencia coa orde categórica a Hefesto, desta creación e aquela ánfora máxica co ben e o mal depositados nela. Quen era Prometeo para cometer aquel acto vil como facernos entrega da chama? Por iso predispuxo ante o Señor do Lume e a sua forxa urdir tal feito. Non contentos con isto, Afrodita mandou otorgarlle mercede e carnalidade; Atenea concederlle o dominio de diversas artes e ornamentala; Hermes encomendou tender sobre o seu ímpeto mentiras, sedución e carácter inconstante. O belo mal, un don co que os homes se alegrarían ao recibilo, aceptando en realidade unha infinidade de desgrazas.



Lenda:

Facédeme vencedor de todos os pobos terrestres;
levádeme en triunfo no brutal árma máks de Ares;
tirado por fillos de Erinias seguido doutras huestes,
dende onde sae o sol ata o confín celeste.

Fragmento:

Todos serán  xuntados, chamados
con melodía e algarada;
vivos, mortos e moribundos,
homes, mulleres e fillos,
polos seus nomes e apelativos.

En aquel fin dos días
moitos reabriarán vellas feridas,
outros levantaranse entre dor e alegría
Oh, meu Deus!

Para horror do vivo;
Co brúo dos cans e o
despertar dos galos;
confundiranse con lamentos
Arias, Requiem e Minuetos
Meu Deus!

Aqueles
que non obedezan
os nomeados que no asistan
á súa chamada ante o Xuiz
Destiño moi funesto para eles;
Desgraciados!

Daquel profético libro
desprenderanse leis de reis,
de natureza esotérica;
sucesos que sucederon antano,
que estarán sucedendo naquel intre,
e que quedarán por suceder naquel tribunal.
Acúdeme, meu Deus!



PANDORA



A primeira vez que un paxaro levantou as ás e empredeu voo, colmou ao planeta de asombro.
A segunda vez que un cetáceo se alzou por encima do nivel do mar, colmou ao sol de ledicia.
A terceira vez que un humano deu un paso adiante, colmou ao Universo de gloria.


Magnánima e extensa historia é a que nos queda por recorrer cara ao confín das estrelas. Semellan as mesmas dende sempre ainda que houbese cambio nelas. Vixíannos dende o alto coa mesma intensidade que antano; escrutan cada emoción, cada palabra, cada pensamento que emitimos ao exterior e para ledicia dos nosos antepasados. Facemos honor aos máis grandes, aos inconmensurables donos do mundo no que vivimos; dende a máis remota e xeñial idea que xurdíu para inventar a roda, ata a máis inestable e frívola das ideas; facendo que ata os bustos de pedra dos nosos anciáns antepasados, se enchesen de bágoas de ledicia ao ver que todo o que fixeron por nós e o universo, nunca permanecerá olvidado. A historia fai sentir vivos a aqueles soterrados fai tempo, que loitaron por un ideal, por unhas terras e polo globo terrestre. Cada paso adiante alónxanos do noso fogar de nacemento, e arrímanos á nosa morada. Por cada paso en falso damos dous ao fronte; nunca nos estancaremos, sempre vagaremos cara adiante. O progreso do noso coñecemento patrocinado pola sabiduría dos antigos mestres, levaranos dereitos aos confíns do Universo visible.



Entón… O ceo derrubouse sobre a terra.

O ceo laiou e liberou a queixume do seu edificante en forma de enormes torrentes, furacáns e tifóns. Caeron pedras del, entre abundantes erupcións de lava, que se levantaría dende o máis profundo da rocha cara a superficie da propia codia terrestre. Precipitáronse raios e lóstregos sobre a Terra; intensos tremores e oleaxe arrasaron todo o que encontraron ao seu paso, en todo lugar de aceso e carente deste no mundo.

Entón non puidemos descansar tranquilos durante moitas noites nas cavernas, por un medo irracional que nos sometía e nos dobregaba. Xeados días que se facían imperecedoiros, noites frías nas que nos xuntabamos agarrados uns aos outros.

Aprendín a utilizar ferramentas de pedra, teño a destreza para iso. As osamentas e ramaxes sírvenme como machados e lanzas afiadas agora, estou seguindo o rastro da miña presa. Parei hoxe de pasar a noite na oscuridade, agora o resplandor no alto é fogueira entre nós. As nosas sombras reflexadas nas grandes paredes de rocha caliza mantéñenos amarrados. Estivemos camiñando durante días e meses, por fin nos asentamos nunha paraxe de alimento abundante. Os meus proxenitores deixaron de respirar, démoslles unha morte digna baixo terra. Temos tempo para pensar nos animais que nos rodean, e dibuxámolos sobre as paredes. Establecémonos como nómadas e poseemos terras con pasto para os nosos cuadrúpedos. Estivemos cultivando nestas terras estes meses e os nosos esforzos deron froito. Gracias ao excedente dos cultivos creamos texidos novos e, coa arxila, cerámicas.

Estivémonos movendo durante semanas cara a unha nova terra, donde sobra de todo o que nos é necesario. O metal xa non nos é axeno, comezamos a escribir en Mesopotamia con axuda dos Sumerios e ás táboas de arxila cuneiforme; gravados con buril, logogramas. Entre ríos é preciso estar, isto sabémolo dende fai tempo, moito tempo. Ás riveiras do cauce medio e baixo do río que teimamos en chamar Nilo, eriximos unha nova civilización que desenrolaremos durante máis de tres mil anos. Déronnos a orde de erixir os novos cementos do novo mundo en forma piramidal cara o deus Ra. Temos moi presente que somos seres que perduraremos séculos e milenios na memoria coletiva. Os esforzos titánicos das nosas xentes non serán superfluos, pois os deuses así o desexan.

Os nosos chamáns subiron fetiches máxicos cara arriba, cara ao sol, protexendo ao seu portador e ao resto da tribu contra poderes sobrenaturais e forzas da natureza. Estes amuletos despertaban en nós un gran respecto e ansia por coñecer aquelo que nos divisaba dende arriba. Clamabamos piedade para nós, entre tanto, inmolabamos reses e vidas humás; masacre, matanza de centos, no nombre do Sol, naquel eclipse que tivo lugar; tentabamos resistir a súa carraxe renunciando inclusive ás nosas propias vidas.

Fixémonos chamar a nós mesmos mesopotámicos, exipcios, incas, aztecas, maias, muiscas, bálticos e un largo etcétera no anchuroso e extenso mundo.
Chegamos a levantar do chan rochas enormes, elevando montículos cara aos inmesos astros para contentalo a El, novas civilizacións xurdiron e fixeron desaparecer a outras en razón da sua existencia só para enorgullecelo.”


Baixo a bóbeda celeste e baixo as leis nos cobixamos. A República e a Democracia perdurarán, é o único que sei, pois...CONTINUARÁ

Comentarios