jo

Parecía que me iba pasando a tós pero volveu outra vez ao chegar á cidade. Vin onte a pagar o piso, a gravar un DVD de películas de Woody Allen (resultaron todas películas porno), aínda bueno que non saíron repetidas, algunha estaba bastante ben. Ao que iba... Levo unha semaniña coa bronquite que non ma quito de encima. A noite do luns para o martes paseina delirando e suando. Agora teño o mítico pito outra vez, merda.

Estes días paseinos pensando na cor dos ollos que poderían ter os meus fillos, en xenes dominantes e recesivos e esas cousas, tamén lendo: “Utopía” Tomás Moro, “El Vértigo” Evgenia Ginzburg, “The Children of Lilith” (A French Exploration into the up-river country of Borneo) Guy Piazzini, tamén adiquei o tempo ao estudo dalgunhas cousas que teño pendentes, vin películas...

Mentres estaba na cama, que foi gran parte do tempo, pensaba nunha muller e en como serían varias hipotéticas vidas (debido ás múltiples posibilidades) en común con ela dentro duns cantos anos, sen olvidar os matices da miña elección ou o motivo que me faría decantarme pola sua compañía. Esa muller existe, non é unha invención, ademais soio soñar con ela.

Todo o que acabo de escribir podería habelo feito con dezaseis anos e sen problemas pasaría desapercibido se a data non fose a de hoxe. Espero que non se agrave a bronquite, sobre todo porque teño que pasar esta semana aquí na cidade.


Comentarios