Pandora
2.3 (GAL)
Introdución:
O
seu xuízo será sinal inequívoco
para moitos, entre tanto, este será cousa de mofa para outros, cuxo
escarnio cara aquel home volverase contra eles; sobre os que
descenderá o horror, a ira, a represión, e a barbarie de nacións
enteiras. Saberedes que aquel que falou será O
SEÑOR cando: o lume caia e a terra suba cara ao ceo; os mortos se
soterren
no medio de vós; queden as vosas mulleres viúvas
e ultraxadas; permanezan os vosos nenos orfos e en mans dos invasores
que virán de todas partes do mundo. As vosas leis derruiranse e
detrás os vosos fogares; a vosa flora arderá e detrás as vosas
xentes; a vosa historia capitulará e detrás os vosos fillos. O
impío será atrapado pola sua obra erixida polas propias mans. Non
obterán descanso aínda toleando para acabar por perecer entre gran
sufrimento e dor. Saberán que aquel é O
SEÑOR cando os seus mortos se encontren ao redor das propias casas,
cuxas casas ao redor dos seus palacios e, nos seus palacios, os seus
ídolos e toda a sua estirpe.
Lembre,
tente recordare;
In
principio erat Verbum
Non
nos olvide, ne obliviscaris.
Ata
a fin, ad infinitum.
Dende
o Alfa e o Omega,
fomos
dignidade e intelixencia;
a
serpente no peteiro da aiga,
a
mazá na boca de Eva.
Do
mesmo sendeiro,
vagando
a mesma lenda;
aprendo
camiños por enteiro,
andando
a ominosa senda.
Da
vida á Terra,
do
mito de Pandora;
males
do mundo pretende,
agora
e na nosa hora.
Nas
nosas mans
antano
o deixaron os amos.
Titáns
e Olímpicos,
loita
imperecedoira fomos.
Caos
e orde, Cosmos…
¿Lembra?
Penso,
polo tanto son;
pois
pensar e ser son o mesmo hoxe.
Anos
pretendo dende antano,
estiveron
os cordeiros chorando sobre un pano,
viviron
os lobos morando xunto ao rabaño.
Nin
os xuncos se moveron un instante
cando
fortes ventos removeron o meu estante.
Non
cesaron nin tan sequera un só momento de falarlle
o
único que queren é memento e quererlle.
Permitídeme
recordar do Yin e o Yang,
do
Big e o Bang ao Tic e o Tac:
a
fiada, o fio, a fibra…
Todo
treme, todo é proverbia, reis;
polvo
sodes e en polvo vos converteredes, seres.
A
nai de Gea, Mar, Océano e Era;
deixade
aos vosos fillos xunto a min na Terra;
Ra,
Horus, Osiris e Anubis;
xuntade
xa meirades rochas cara as nubes.
Ideade
arias, requiem, cancións,
oren
o resto as vosas oracións.
Ecce
Homo,
volta
do mono.
Toma
o tomo,
le
sobre o meu lomo.
Lámina
flexible do tallo do papiro.
Rexa
e curtida pel daquel pergamiño;
obscura
cuberta, amarela folla que miro.
Honor
a min, ao meu fillo, e ao libro do meu sino.
Tempo
ao tempo do memento aquí dentro.
«Ἔρεβος
יהוה,
Padre, الله,
Asa, Jok, Allah-Taala, Nyame, Ometéotl, Gulu, 明王,
Imana, Sidarta Gautama, Bumba, Dagda, Xue, Wenabozho, Ζάλμοξις,
Ra, Tinia, Ukko, Jurupari, Brahma, Inti, 伊弉諾,
Donfe, Enkai, K’awiil, An, Make-Make, Khonvoum, Amotken, Chiuta,
El, Kokopelli, Unkulunkulu, Poimandres…»
“Pronunciei
o nome en tantas linguas, que a miña se tornou lume e xeo,
secándoseme a boca; deixando un sabor agre ata o padal, que
irritando formouse entón un apostema
con forma irregular que, se ben, foi
unha forma non de todo descoñecida para un experto.”
Entón,
o home recoñeceu a verdadeira magnitude dos seus nomes e a quen ou
que representaban, non deixando lugar a duda.
“Pola
miña boca, mentres pronunciaba eses nomes, pasaron outras infindas:
linguas bífidas de réptiles; picudas, angostas e ásperas de
rumiantes; dentición
dos nenos;
dentame
picado de adultos; dentadura podrida de vellos e drogados; alento a
comida e bebida abundantes de gula; bafo a viño fermentado nos
borrachos;
fétida halitose de bocas con abundante tártaro…”
“De
súpeto, como protesta da propia vida; comencei a recordar sabores da
miña infancia, como reafirmando os meus recordos a través daquelas
comidas copiosas que me facía miña nai, os doces dos domingos e
festas de aniversario, a miña xuventude, a miña primeira cervexa, o
meu primeiro bico.”
«Tal
era o poder daquelas palabras, que houben inxertado e volcado toda a
información do meu cerebro na máquina sen pensarmo duas veces.»
Prólogo:
Tempo
fai que Hefesto na sua fragua, despois de refinar
e refinar, só lle quedou escoria polo chan da forxa. Pandora é unha
labor acabada, completa. Ela é un producto do traballo sobre arxila,
que conterá a esperanza ata a fin das civilizacións. Tanto é así
que, O Señor o dispuxo desa maneira para que a humanidade sufrise
durante toda a eternidade os males máis profundos e fondos nas suas
carnes. Ela aceptou o agasallo dos deuses, desta ofrenda foi
advertida por Prometeo para que non aceptase aquel. Prometeo non o
sopesou daquela, cando nos iluminou co Don do lume, ao que, O Señor,
respondeu á sua insolencia coa orde categórica a Hefesto, desta
creación e aquela ánfora máxica co
ben e o mal depositados nela. Quen era Prometeo para cometer aquel
acto vil como facernos entrega da chama? Por iso predispuxo ante o
Señor do Lume e a sua forxa urdir tal feito. Non contentos con isto,
Afrodita mandou otorgarlle mercede e carnalidade; Atenea concederlle
o dominio de diversas artes e ornamentala; Hermes
encomendou tender sobre o seu ímpeto mentiras, sedución e carácter
inconstante. O belo mal, un don co que os homes se alegrarían ao
recibilo, aceptando en realidade unha infinidade de desgrazas.
Lenda:
Facédeme
vencedor de todos os pobos terrestres;
levádeme
en triunfo no brutal árma mákhēs
de Ares;
tirado
por fillos de Erinias seguido doutras huestes,
dende
onde sae o sol ata o confín celeste.
Fragmento:
Todos
serán xuntados, chamados
con
melodía
e algarada;
vivos,
mortos e moribundos,
homes,
mulleres e fillos,
polos
seus nomes e apelativos.
En
aquel fin dos días
moitos
reabriarán
vellas feridas,
outros
levantaranse
entre dor
e alegría
Oh,
meu Deus!
Para
horror do
vivo;
Co
brúo
dos cans
e o
despertar
dos galos;
confundiranse
con lamentos
Arias,
Requiem e Minuetos
Meu
Deus!
Aqueles
que
non obedezan
os
nomeados
que no asistan
á
súa
chamada
ante
o
Xuiz
Destiño
moi funesto para eles;
Desgraciados!
Daquel
profético libro
desprenderanse
leis
de reis,
de
natureza esotérica;
sucesos
que sucederon antano,
que
estarán sucedendo naquel intre,
e
que quedarán por suceder naquel tribunal.
Acúdeme,
meu Deus!
PANDORA
A
primeira vez que un paxaro levantou as
ás e empredeu voo, colmou ao planeta de asombro.
A
segunda vez que un cetáceo se alzou por encima do nivel do mar,
colmou ao sol de ledicia.
A
terceira
vez que un humano deu un paso adiante, colmou ao Universo de gloria.
Magnánima
e extensa historia é a que nos queda por recorrer cara ao confín
das estrelas. Semellan as mesmas dende sempre ainda que houbese
cambio nelas. Vixíannos dende o alto coa mesma intensidade que
antano; escrutan cada emoción, cada
palabra, cada pensamento que emitimos ao exterior e para ledicia dos
nosos antepasados. Facemos honor aos máis grandes, aos
inconmensurables donos do mundo no que vivimos; dende a máis remota
e xeñial idea que xurdíu para inventar a roda, ata a máis
inestable
e frívola das ideas; facendo que ata os bustos de pedra dos nosos
anciáns antepasados, se enchesen de bágoas de ledicia ao ver que
todo o que fixeron por nós e o universo, nunca permanecerá
olvidado. A historia fai sentir vivos a
aqueles
soterrados fai tempo, que loitaron por un ideal, por unhas terras e
polo globo terrestre. Cada paso adiante alónxanos do noso fogar de
nacemento, e arrímanos á nosa morada. Por cada paso en falso damos
dous ao
fronte;
nunca nos estancaremos, sempre vagaremos
cara adiante. O progreso do noso coñecemento patrocinado pola
sabiduría dos antigos mestres,
levaranos dereitos aos confíns do Universo visible.
Entón…
O ceo derrubouse sobre a terra.
O
ceo laiou e liberou a queixume do seu edificante en forma de enormes
torrentes, furacáns e tifóns. Caeron
pedras del, entre abundantes erupcións
de lava, que se levantaría dende o máis profundo da rocha cara a
superficie da propia codia terrestre. Precipitáronse raios e
lóstregos sobre a Terra; intensos tremores e oleaxe arrasaron todo o
que encontraron ao seu paso, en todo lugar de aceso e carente deste
no mundo.
Entón
non puidemos descansar tranquilos durante moitas noites nas cavernas,
por un medo irracional que nos sometía e nos dobregaba. Xeados días
que se facían imperecedoiros, noites frías nas que nos xuntabamos
agarrados uns aos outros.
Aprendín
a utilizar ferramentas de pedra, teño a destreza para iso. As
osamentas e ramaxes sírvenme como machados e lanzas afiadas agora,
estou
seguindo o rastro da miña presa. Parei hoxe de pasar a noite na
oscuridade, agora o resplandor no alto é fogueira entre nós.
As
nosas sombras reflexadas nas grandes paredes de rocha caliza
mantéñenos amarrados. Estivemos camiñando durante días e meses,
por fin nos asentamos nunha paraxe de alimento abundante. Os meus
proxenitores deixaron de respirar, démoslles unha morte digna baixo
terra. Temos tempo para pensar nos animais que nos rodean,
e dibuxámolos sobre as paredes. Establecémonos como nómadas e
poseemos terras con pasto para os nosos cuadrúpedos. Estivemos
cultivando nestas terras estes meses e os nosos esforzos deron
froito. Gracias ao excedente dos cultivos creamos texidos novos e,
coa
arxila, cerámicas.
Estivémonos
movendo durante semanas cara a unha nova terra, donde sobra de todo o
que nos é necesario. O metal xa non nos é axeno, comezamos a
escribir en Mesopotamia con axuda dos Sumerios e ás táboas de
arxila cuneiforme; gravados con buril, logogramas. Entre ríos é
preciso estar, isto sabémolo dende fai tempo, moito tempo. Ás
riveiras do cauce medio e baixo do río que teimamos en chamar Nilo,
eriximos unha nova civilización que desenrolaremos durante máis de
tres mil anos. Déronnos a orde de erixir os novos cementos do novo
mundo en forma piramidal cara o deus Ra. Temos moi presente que somos
seres que perduraremos séculos
e milenios na memoria coletiva. Os esforzos titánicos das nosas
xentes non serán superfluos, pois os deuses así o desexan.
Os
nosos chamáns subiron fetiches máxicos cara arriba, cara ao sol,
protexendo ao seu portador e ao resto da tribu contra poderes
sobrenaturais e forzas da natureza. Estes amuletos despertaban en nós
un gran respecto e ansia por coñecer aquelo que nos divisaba dende
arriba. Clamabamos piedade para nós, entre tanto, inmolabamos reses
e vidas humás; masacre, matanza de centos, no nombre do Sol, naquel
eclipse que tivo lugar; tentabamos resistir a súa carraxe
renunciando inclusive ás nosas propias vidas.
Fixémonos
chamar a nós mesmos mesopotámicos, exipcios, incas, aztecas, maias,
muiscas, bálticos e un largo etcétera no anchuroso e extenso
mundo.
“Chegamos
a levantar do chan rochas enormes, elevando montículos cara aos
inmesos astros para contentalo a El, novas civilizacións xurdiron e
fixeron
desaparecer a outras en razón da sua existencia só para
enorgullecelo.”
Baixo
a bóbeda celeste e baixo
as
leis nos cobixamos. A República e a Democracia perdurarán, é o
único que sei, pois...CONTINUARÁ